Unha das grandes noticias da fin de semana para o deporte pontevedrés tivo lugar en Sevilla, onde se disputou o Campionato de España de Marcha.
Non veu ademais en forma de medalla ou triunfo absoluto, pero si cunha marca que a confirma como unha das grandes promesas do deporte pontevedrés e nacional.
Antía Chamosa, atleta pontevedresa da Sociedade Gimnástica, bateu na cita o récord nacional Sub-23 dos 35 quilómetros.
A pesar de estar centrada en distancias máis curtas, sobre todo nos 20 quilómetros no que aspira no futuro para competir nuns Xogos Olímpicos, Chamosa probou coa experiencia da nova distancia longa dos 35 quilómetros, e fíxoo con grandes sensacións.
Parou o cronómetro en 2 horas, 58 minutos e 22 segundos, na quinta posición absoluta pero a mellor da súa idade.
"Era a primeira vez que facía 35 quilómetros. Fun de menos de máis, atopándome, buscando tamén un grupiño para ir soa. Ao final atopei moi boas sensacións, tirei cara adiante e cando vin a marca non mo podía crer", sinalou a deportista da Gimnástica.
¡¡ RECTIFICAMOS !!
— atletismoRFEA (@atletismoRFEA) February 14, 2021
Antía Chamosa, mejor marca de la historia sub23
2h58:22#CEmarcha pic.twitter.com/lNhPiIxmS3
O Nacional de marcha estivo dominado pola actual campioa europea, María Pérez (Valencia Club Atletismo), que logrou a segunda mellor marca mundial de sempre cun espectacular 2:44:17. O podio completárono Raquel González (F.C.Barcelona) en 2:48:40 en segunda posición e Laura García-Caro (Atmo. Ciudad de Lepe) terceira con 2:51:01, as tres logrando a mínima para o Mundial de Oregón do próximo ano.