O éxito de Antía Chamosa no recente Campionato de España de Marcha segue xerando recoñecementos.
A atleta pontevedresa, que se proclamou campioa nacional sub-23 nos 20 quilómetros e que recentemente batera o record nacional da súa categoría nos 35 quilómetros, non para de recibir felicitacións.
Tras reunirse a principios de semana coa presidenta provincial, nesta ocasión a deportista da Gimnástica foi obxecto dunha recepción oficial no Concello de Pontevedra.
Chamosa compartiu unha charla co alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, e o edil de Deportes, Tino Fernández, quenes lles transmitiron ánimos para as súas próximas competicións.
Entre elas destaca a mediados do mes de maio o Campionato de Europa que se celebrará na República Checa, e que será o seu debut coa Selección Española Absoluta.