Os atletas da Sociedad Gimnástica Antía Chamosa e Diego Casas conseguiron a mínima para o Campionato de Europa sub23, que se celebrará na cidade norueguesa de Bergen do 8 ao 11 de xullo.
A pontevedresa logrou o seu mellor rexistro esta tempada cun tempo de 1:36.27, conseguindo o primeiro posto no Campionato de España sub23 de 20 quilómetros marcha e récord galego na categoría, selando, nun principio, o seu billete a Noruega, obxectivo principal da marchadora para esta tempada.
Pola súa banda, o lanzador de disco chegou ata os 57.21 metros, a súa mellor marca persoal e récord castelán-leonés da categoría e da Sociedad Gimnástica. Con este resultado, o deportista logra presuntamente o acceso ao europeo, xa que a mínima marcada pola RFEA para o lanzamento é de 57 metros.
Ambos contaban xa con estar no Europeo, a súa presenza converteuse en oficial ao publicar esta semana a Real Federación Española de Atletismo os criterios de selección para a cita continental ao aire libre.
A pesar de que os dous atletas lograron as marcas solicitadas pola Federación, aínda terán que pasar outra proba esixente antes: o Campionato de España sub23 que se celebrará en Nerja os días 19 e 20 de xuño.