Antía Chamosa suma experiencia internacional cun posto 15 no Europeo de Munich

Pontevedra
16 de agosto 2022

A atleta pontevedresa da Sociedad Gimnástica ha participado este martes 16 de agosto na carreira dos 35 quilómetros marcha do Campionato de Europa Absoluto de Atletismo que se está a celebrar en Alemaña

Antía Chamosa, no Campionato de Europa Absoluto de Atletismo en Munich
Antía Chamosa, no Campionato de Europa Absoluto de Atletismo en Munich

O atletismo pontevedrés estaba moi pendente este martes 16 de agosto do que acontecía no Campionato de Europa de Atletismo que se está celebrando na localidade alemá de Munich.

A culpa tíñaa en gran medida a pontevedresa Antía Chamosa, atleta da Sociedad Gimnástica que no seu primeiro ano como deportista sénior afrontaba coa Selección Española a proba dos 35 quilómetros marcha.

Chamosa sumou unha valiosa experiencia internacional en Alemaña a pesar de non poder loitar polos postos de honra, finalizando no 15º lugar cun tempo de 3 horas, 6 minutos e 37 segundos.

A representante da Gimnástica foi a terceira das atletas españolas, quedando descolgada da cabeza a máis de 19 minutos da vencedora, a grega Antigoni Ntrismpioti (2:47:00). A nacional Raquel González logrou a medalla de prata (2:49:10) e a húngara Viktória Madarász o bronce (2:49:58), mentres que a outra española en competición, Mar Juárez, foi sétima (2:55:27).

Doutra banda no que era tamén o seu primeiro Europeo Absoluto outro representante do club pontevedrés, Iñaki Cañal, non puido pasar alcanzar a final nos 400 metros lisos ao ser sexto na súa semifinal cunha marca de 46.10 segundos.