O equipo nacional de 20 quilómetros marcha, con Antía Chamosa, a tres puntos do bronce no Europeo de Podebrady

Pontevedra
21 de maio 2023

Chamosa foi escalando postos para chegar a encabezar ao equipo español e cruzar a meta en sexta posición cun crono de 1:31:24, mellor marca persoal, récord galego e mínima da Federación Española para o Mundial  

Antía Chamosa, no Campionato de Europa de marcha por equipos de Podebrady
Antía Chamosa, no Campionato de Europa de marcha por equipos de Podebrady / Federación Española de Atletismo

A cidade de Podebrady, ao Leste de Praga, acolleu esta fin de semana o Campionato de Europa de Marcha no que participou a pontevedresa da Sociedad Gimnástica Antía Chamosa.

A primeira en competir foi Antía nos 20 quilómetros acompañada de Mar Juárez, Carmen Escariz e Lucía Redondo.

Chamosa foi escalando postos para chegar a encabezar ao equipo español e cruzar a meta en sexta posición cun crono de 1:31:24, mellor marca persoal, récord galego e mínima da Federación Española para o Mundial.

Con todo, co 13 posto de Mar Juárez (1:33:29), o 20 de Carmen Escariz (1:35:42) e o 23 de Lucía Redondo (1:35:53) non foi suficiente para conseguir un posto no podio e quedaron a tan só tres puntos da medalla de bronce.

Consulta os resultados nesta ligazón