Dani Chamosa bate o récord galego de 5.000 metros marcha

Pontevedra
17 de xuño 2023

O pontevedrés Dani Chamosa bateu este sábado no Campionato Xunta de Galicia Absoluto 2023 un novo récord galego en 5.000 metros marcha. Na competición, a Sociedad Gimnástica conseguiu 18 preseas tanto masculinas como femininas. Delas, 10 son de ouro, 5 de prata e 3 de bronce  

Dani Chamosa, no podio do Campionato Galego Absoluto
Dani Chamosa, no podio do Campionato Galego Absoluto / Federación Galega de Atletismo

O pontevedrés Dani Chamosa bateu este sábado no Campionato Xunta de Galicia Absoluto 2023 un novo récord galego en 5.000 metros marcha ao parar o cronómetro nun tempo de 19:40.38. O anterior estaba en poder de Santi Pérez desde 1998 con 19.41.20.

A gran cita galega celebrouse este sábado a partir das 10:00 horas en Santiago de Compostela, onde a Sociedad Gimnástica conseguiu 18 preseas tanto masculinas como femininas. Delas, 10 son de ouro, 5 de prata e 3 de bronce.

En 5.000 metros marcha dominaron os hermanos Chamosa, como vén sendo habitual. Antía se fixo coa medalla de ouro na carreira feminina ao parar o cronómetro en 21:59.07, mentres que Dani, ademáis do primeiro posto, bateu o récord galego cun tempo de 19:40.38.

Tamén se impuxeron Eugenia Gil en 400 metros (56.52); María Ezquerro en disco (43.70); Anxo Blanco, un dos favoritos en triplo salto e que non defraudou (14.66); Pablo Bocelo, xa campión galego en 1500 metros en pista cuberta (3:51.05); Lía Caride en 400 valos (1:01.96); Carlos Revuelta en martelo (59.85); e Eugenia Gil, Ainara Rodríguez, Aloia Vilas e Carmen González en 4x400 metros (4:14.39).

Contribuíron a ampliar o número de medallas da Sociedad Gimnástica os segundos postos en xavelina de Jonathan Correa (59.44 metros) e María Pena (38.20); de Víctor Gallego en peso (14.30); de Carlos Porto en 1500 metros (3:52.62); o cuarteto feminino dos 100 metros remudas formado por Paula Porto, Cristina Garrido, Aloia Vilas e Andrea Villaverde (50.11); e os terceiros de Marina Pérez en triplo salto (11.43); Adrián Lago en 1500 metros (3:55.59); e Cristina Garrido en 100 metros (12.18).

Ademáis as portas do podio quedaron Manuel Lorenzo (15:05.63) e Isabel Caeiro en 5.000 metros (17:40.11); Lucía Lois en 100 metros valos (17.84); David Abalde en 400 metros (49.00); Iria Filgueira en martelo (46.59) e Sergio Rodríguez, 200 metros (21.95).

Consulta todos os resultados neste enlace