A selección galega de salvamento conseguiu esta fin de semana un segundo posto en categoría absoluta no Campionato de España de Seleccións Autonómicas celebrado na piscina de Carballo e na praia de Orzán, na Coruña.
Boa parte de responsabilidade do mellor resultado da historia de Galicia nun campionato deste tipo tena a nadadora do Acuático Umia, Antía García, que conseguiu oito medalles para a delegación galega.
Na Coruña déronse cita un total de 187 deportistas de once comunidades autónomas, a Galicia representárona 24 nadadores, entre os que destacaron a absoluta Antía Silva e a Cadete Lida Aboy.
A nadadora caldense conseguiu oito medalles, cinco de ouro, dúas pratas e un bronce. Ademais bateu o récord de España na proba de 100 metros socorrista, en 100 metros aletas, en 50 metros rescate e na substitución de 4x50 combinada. O outro ouro foi na substitución 4x50 obstáculos. En segunda posición concluíu a probas de 100 combinada e foi terceira no lanzamento de corda. Así mesmo, participou na substitución 4x50 de categoría cadete coa súa compañeira Lida Aboy para asinar un segundo posto.
Na clasificación final absoluta, Galicia alcanzou o seu mellor resultado histórico, só foron superadas pola Comunidade Valenciana. O podio completouno Castela A Mancha.