Antía García consegue cunha prata nos World Games a medalla que lle faltaba

Umia
11 de xullo 2022

A deportista caldense de salvamento sumou na madrugada deste luns a súa primeira medalla nos World Games que se están celebrando na localidade estadounidense de Birmingham, ao ser segunda na proba de 100 metros maniquí con aletas

Antía García, coa medalla de prata dos World Games conseguida nos 100 metros maniquí con aletas
Antía García, coa medalla de prata dos World Games conseguida nos 100 metros maniquí con aletas / Real Federación Española de Salvamento y Socorrismo

É campioa do mundo e de Europa de salvamento deportivo, cun palmarés brillante que acaba de dar sumar un novo logro na madrugada de domingo a luns.

Antía García sumou a medalla que lle faltaba na primeira xornada dos World Games ou Xogos Mundiais, evento multideportivo que reune a atletas de todo o mundo en modalidades deportivas que non están presentes no calendario olímpica.

A cidade estadounidense de Birmingham é a que acolle este prestixioso campionato, que comezou cunha medalla de prata para a deportista do Club Acuático Umia.

A atleta caldense finalizou en segundo lugar na proba de 100 metros maniquí con aletas, cun tempo de 52.98 segundos sendo só superada pola alemá Undine Lauerwald (62.62), e por diante da tamén xermana Nina Holt (53.57), que levou o bronce.

"A verdade é que estou moi contenta porque é a miña proba favorita, o mergullo creo que é a primeira vez que mergullo tan rápido que era como o meu parte mala, si que é certo que no remolque que é o meu mellor parte escorregóuseme o maniquí porque non son o que utilizamos habitualmente e creo que todas tivemos ese problema. Tente salvalo como puiden e ao final unha medalla de prata que era a que me faltaba e estou moi contenta", explicou Antía tras a competición en declaracións á Real Federación Española de Salvamento e Socorrismo.

Antía aínda seguirá en competición en Birmingham, onde na xornada inaugural nadou ademais a remuda 4x50 obstáculos coa Selección Española, finalizando na sétima praza.