Antonio Fernández: "Estivemos moi ordenados e dificultamos moito ao Castilla"

Pontevedra
06 de novembro 2022

O Pontevedra CF segue sen saber o que é gañar fóra de casa, e a pesar da derrota deste domingo pola mínima ante o Real Madrid Castilla, o técnico granate admitiu estar "orgulloso" do xogo que realizou o seu equipo aínda que non tivese ningunha ocasión de gol  

Antonio Fernández, adestrador do Pontevedra
Antonio Fernández, adestrador do Pontevedra / Mosrey Fotografía
Antonio Fernández, tras o partido ante o RM Castilla no Alfredo Di Stéfano /

O Pontevedra CF segue sen saber o que é gañar fóra de casa, e a pesar da derrota deste domingo pola mínima ante o Real Madrid Castilla, o técnico granate admitiu estar "orgulloso" do xogo que realizou o seu equipo aínda que non tivese ningunha ocasión de gol.

"Queriamos facer un partido baseado na orde táctica e minimizar ao Castilla", algo que conseguiu por momentos e viu como se desesperaba ante a falta de acerto para portería.

Para Antonio Fernández era un enfrontamento no que había que traballar e o seu equipo fíxoo. "Creo que hai que estar orgullosos", recoñeceu na rolda de prensa habitual de despois do partido, "estivemos moi ordenados e dificultamos moito ao Castilla. O partido pasaba por iso e fomos fieis".

Con todo despois de moito defender, todo torceuse coa expulsión de Luís Martínez, o Pontevedra quedou cun menos e "fíxose costa arriba". Para o técnico é un fiel reflexo do que ocorreu en Linares, cos seus xogadores facendo un bo papel pero "imos sen carga nos últimos minutos".

E a pesar da derrota, Fernández quita ferro ao asunto, porque o seu equipo vén de gañar na casa e non está tan lonxe da salvación, pide "tranquilidade e seguir traballando", sobre todo para seguir sendo fortes en casa e sacar mellores resultados fóra, porque este ano está a ser complicado e "vainos a tocar ser fortes mentalmente e estar unidos".