O Pontevedra Club de Fútbol volveu este mércores aos adestramentos tras unha xornada de descanso pensando xa no partido de primeira rolda de Copa do Rei do próximo domingo (12.00 horas) en Manresa.
Fíxoo ademais con practicamente todo o plantel granate ao dispor do técnico.
Desta forma, ao non contar con sancionados para esta competición (Luís Martínez si debe afrontar un encontro de suspensión en liga), e cunha semana despois por diante ata o próximo compromiso na Primeira RFEF, Antonio Fernández poderá botar man de toda a súa artillería pesada, ou case toda, para tentar pasar a eliminatoria.
O único futbolista que se exercitou a menor ritmo que os seus compañeiros foi o capitán Álex González, que xa se perdeu o duelo fronte ao Castilla e que fixa o seu obxectivo en estar ao 100% para a liga.
Ademais o gardameta Álvaro Cortés deu o susto no adestramento ao abandonar a sesión antes de tempo tras un choque cun compañeiro que lle provocaron molestias na perna dereita.