O Peixe Galego empeza a apontoar o seu xogo interior pensando na tempada de regreso á Liga LEB Prata de Baloncesto, e faino asegurándose a continuidade dun home clave.
Antonio Pantín seguirá un ano máis na Raña, onde regresou mediado o pasado curso para axudar ao equipo para recuperar a categoría perdida.
O pívot, que xa callara un gran ano en Marín na 2015/2016 finalizando co ascenso a LEB Ouro, alcanzou en EBA 10,7 puntos e 7,3 rebotes por partido.
Segundo confirmou o club marinense, Pantín incorporarase aos adestramentos do equipo mediado o mes de setembro ao estar inmerso na preparación de oposicións.
Con el son xa sete os xogadores confirmados para o novo proxecto 'peixe', xunto a Juanchi Orellano, Jorge Romero, Pablo González, Víctor Holmberg, Jacobo de Benito e Gerard Sevillano.