Vai camiño soamente da súa terceira edición pero xa se fixo un oco no calendario deportivo local.
A III Carreira Popular da Festa do Viño abre este luns 16 de maio inscricións.
A proba deportiva celebrarase o vindeiro sábado 22 de xuño coincidindo coa programación da XLVI Festa do Viño de Barro.
Organizada polo Club de Atletismo +9 e o Concello de Barro, contará cun percorrido de 10 quilómetros na súa categoría absoluta.
Todo con saída e chegada no Pazo da Crega.
O evento incluirá carreiras para todas as idades, adaptadas en distancia, para menores a partir dos 3 anos.
As incripciones poderán formalizarse a través da plataforma www.galitiming.com.