Aprazadas as dúas primeiras xornadas da Primeira Nacional de baloncesto feminino para Peixe Galego e Arxil

Pontevedra
17 de setembro 2020

Desta forma a competición non dará comezo para o filial arxilista e o equipo 'peixe' ata o próximo 17 de outubro

Presentación dos equipos do Club Baloncesto Arxil de Pontevedra
Presentación dos equipos do Club Baloncesto Arxil de Pontevedra /

A Primeira Nacional Feminina de baloncesto retrasará o inicio da tempada polo menos ata o 17 de outubro.

É a decisión que adoptaron as federacións autonómicas que compoñen a conferencia norte (Galicia, Asturias, Castela-León e Cantabria), aprazando desta forma os dous primeiros partidos previstos buscando unha maior marxe de manobra #ante a evolución actual da pandemia de Covid.

Esta decisión afecta directamente ao Peixe Galego, que este ano debuta na categoría tentando impulsar a súa estrutura feminina, e tamén ao filial do Arxil tras o seu ascenso de categoría.

En lugar de atrasar simplemente o inicio da liga, decidiuse aprazar as dúas primeiras xornadas para manter o resto de datas do calendario tal e como estaban, polo que agora será necesario pactar novas datas para os dous encontros suspendidos.

Ademais de Arxil Mafari e Peixe Galego, no Grupo A de a conferencia norte competirán Carmelitas Ourense, Peleteiro Santiago, Seis do Nadal, Universidad de Oviedo, CDB Fodeba, Innobasket, Universidad de León e Patatas Hijolusa.