A taekwondista marinense Arlet Ortiz (Mat's) despídese dos Xogos Europeos quedando ás portas da medalla de bronce tras perder contra a turca Kubra Ilgun, terceira nos Xogos Olímpicos de Tokio 2020.
Arlet Ortiz mediuse na primeira rolda da categoría de -57 á italiana Giada Al Halwani. Tras un primeiro asalto que concluíu en empate a cinco, a galega noqueó por completo ao seu rival no segundo (0-11) para sentenciar o combate con 6-7 na terceira rolda.
Xa en cuartos, nada puido facer para superar á inglesa Jade Louise Jones, que realizou un combate completo superando á marinense por 2-14 no primeiro asalto e 8-15 no segundo.
O pase á final de Jones enviou a Ortiz á repesca, onde tivo que remontar un 1-0 en contra ante a islandesa Ingibjorg Gretarsdottir para sentenciar no segundo e terceiro asalto por 2-8 e 3-5, respectivamente, que lle deu o billete directo á loita pola medalla de bronce.
No combate decisivo a marinense foi superada pola turca Ilgun, coa que perdeu por 8-25 e 11-15.
Despois de Arlet Ortiz, o luns será a quenda de Iván García (Mat's) de competir por conseguir un bo resultado e, por que non, unha medalla.