Arosa e Ribadumia levan os tres puntos ante o Polvorín e o Arzúa

O Salnés
24 de abril 2021

Arosa e Ribadumia fixéronse cos tres puntos este sábado en dous duelos vitais na loita polo ascenso e a permanencia. Os da Lomba pasáronos mal durante a primeira metade, pero tras o descanso fixeron o seu xogo para facerse coa vitoria ante el Polvorín. Os  aurinegros, pola súa banda, golearon ao Arzúa por 3-0 e seguen dependendo de si mesmos para saír do límite do descenso

Partido entre o Arosa e o Pontellas na Lomba
Partido entre o Arosa e o Pontellas na Lomba / Cristina Saiz

Arosa e Ribadumia fixéronse cos tres puntos este sábado en dous duelos vitais na loita polo ascenso e a permanencia.

Os da Lomba pasáronos mal durante a primeira metade, pero tras o descanso fixeron o seu xogo para facerse coa vitoria ante el Polvorín. Os aurinegros, pola súa banda, golearon ao Arzúa por 3-0 e seguen dependendo de si mesmos para saír do límite do descenso.

AROSA 2-1 POLVORÍN

Comezou sufrindo o equipo de Rafa Sáez, que tivo que pasar un mal grolo inicial con diversas ocasións dunha Polvorín que cada vez que roubaba o esférico xeraba perigo. Non necesitaban máis que dous ou tres pases para chegar á portería local e obrigar a Álex Cobo a intervir para evitar o gol.

Estaban a ser moito mellores os de Lugo. Mentres, o técnico arlequinado pedía aos seus aguantar ata chegar ao descanso pero, en dúas xogadas illadas cando se alcanzaba o tempo de desconto, tiveron as mellores ocasións.

Colleu aire o Arosa no intermedio e empezou a facer o seu xogo sen conceder espazos a unha Polvorín que foi de máis a menos.

Cumpríase a hora de xogo e chegou o primeiro gol do encontro. O colexiado mostrou amarela a Manu Núñez por falta ao dianteiro local e Mon dispúxose a lanzala. Sacou un derechazo impecable co que quitou as teas de araña da portería de Julen, que non puido facer nada para evitar o gol do Arosa.

Sentenciou o Arosa con outro golazo cando se alcanzaban os minutos finais. Javi Otero, que entrou na segunda metade, controlou o balón no aire na frontal da área e sacou unha volea para colocar o 2-0.

O filial do Lugo reduciu distancias co gol de Christian, que aproveitou unha mala saída de Cobo e colocou o 2-1 co que finalizou o encontro.

Consulta a acta do Arosa-Polvorín

RIBADUMIA 3-0 ARZÚA

Pola súa banda, na fase pola permanencia o Ribadumia goleou por 3-0 ao Arzúa.

Saíu a por todas o equipo aurinegro na Senra, consciente de que depende de si mesmo para permanecer en Terceira División unha tempada máis.

O primeiro gol chegou aos 20 minutos de xogo por mediación de Diego Abal, que enviou o balón onde non puido chegar Marqueta.

Deron un paso adiante os visitantes, que comezaron a ceder espazos que aproveitaron os locais para ampliar a súa renda. Esta vez foi Charles o que apareceu para colocar o 2-0 ao bordo do descanso, un gol que daba aire aos seus para afrontar a segunda metade.

Tras o paso polos vestiarios o Ribadumia pechouse en defensa, aguantando as chegadas dun Arzúa que estaba en busca dun gol que nunca chegou.

O que se apareceu foi Javi Domingo para sentenciar no minuto 88, poñendo o 3-0 con que o que se alcanzou o asubío final.

Consulta a acta do Ribadumia-Arzúa