Duelo de ascendidos a Terceira División o disputado este domingo na Senra entre Ribadumia e Fisterra. Unha final pola permanencia para ambos os equipos, na que os locais se adiantaron cun gol de Domingo, pero os coruñeses, con goles de Juan de Dora e Ramos, deron a volta ao marcador para asinar a súa vitoria por 1-2.
Obrigados a gañar, os aurinegros non dubidaron en saír a por todas, comezando da mellor maneira o encontro cun gol de Domingo cando se cumpría o minuto catro de xogo.
A alegría dos locais durou pouco máis de media hora, cando Juan de Dora puxo o empate no marcador co que se alcanzou o descanso.
Despois do intermedio chegou o segundo tanto visitante. Ramos, aos 65 minutos, remontou o partido para dar a vitoria ao Fisterra.
Con este resultado, o Ribadumia queda con 35 puntos e sexto clasificado, estando obrigado a gañar no seu próximo enfrontamento no campo das Pontes.
Consulta a acta do Ribadumia-Fisterra