O Ribadumia perde co Paiosaco e volve aos postos de descenso (1-0)

O Salnés
02 de maio 2021

O Ribadumia caeu este domingo na súa visita ao Paiosaco e volve e meterse en posicións de descenso, empatado a puntos co CD Barco que é cuarto

Partido entre Paiosaco e Ribadumia
Partido entre Paiosaco e Ribadumia / Cristina Serantes

O Ribadumia caeu este domingo na súa visita ao Paiosaco e volve e meterse en posicións de descenso, empatado a puntos co CD Barco que é cuarto.

Os de Luís Carro desprazáronse á Pórta Santa co ánimo polas nubes despois da vitoria lograda este mércores no partido aprazado fronte ao Estudantil.

Con todo, un gol de Otero ao fío do descanso, deixou aos  aurinegros co mel nos beizos a pesar de pelexar con uñas e dentes por unha nova vitoria.

Este resultado volve meter ao Ribadumia no descenso, con tres puntos sobre a UD Ourense e empatado co CD Barco. Na próxima xornada terán que medirse ao Fisterra na Senra, partido vital para seguir sumando e pelexar polo obxectivo da permanencia.

Consulta a acta do Paiosaco-Ribadumia