Falta menos dunha semana para que o Arosa inicie o novo curso co primeiro adestramento da tempada.
Os de Gonza Fernández volven ao traballo este luns 27 de xullo e, nesa mesma semana, disputrarán o seu primeiro partido da pretemporada.
Será o sábado 1 de agosto con motivo do Trofeo San Roque.
Os arlequinados recibirán na Lomba a un Pontevedra Club de Fútbol que chegará ao choque con máis rodaxe, pois os granates arrancaron os seus adestramentos o pasado 15 de xullo e disputarán o seu primeiro partido o día 29 ante o Deportivo Fabril.
Non hai tempo que perder para os de Gonza Fernández, que se desprazarán até San Miguel de Deiro o mércores 5 de agosto para enfrontarse a un Portonovo que quere medir forzas de cara ao seu regreso a Terceira Federación.
Tres días despois, o sábado 8, a escuadra vilagarciá visitará ao Villalonga FC no Campo Novo San Pedro. Será o terceiro test da pretemporada para o Arosa.
Tras este encontro chegará o maior parón desta intensa pretemporada para os pupilos de Gonza Fernández, pois non volverán medir as súas forzas até o triangular do venres 14 co Fabril e a SD Compostela. Será no Municipal de Burgáns.
🤩 Que ganas tingamos de dicilo… Ou equipo regresa aos adestramentos este vindeiro luns. Será ás 10:30 non Manuel Jiménez.
— Arousa SC (
💪🏼 Seis semanas de pretempada e oito amigables para prepararnos para a #SegundaFederación!
🥹 Como ides de ganas, arosismo?#SempreArosa #ArosaSC pic.twitter.com/jrxoI2LUbt
Os arlequinados encararán o final do mes de agosto cun duelo ante o Boiro (mércores 19) e un novo triangular en Burgáns (sábado 22), nesta ocasión co Cambados e o Estradense como rivais.
O mércores 26 visitarán o Campo de Fútbol O Morrazo para enfrontarse co Alondras e o último exámen da pretemporada chegará o sábado 29 cun derbi ante o Céltiga no campo de fútbol Salvador Otero.
Tras este duelo afrontarán a súa primeira semana de competición, pois o calendario de Segunda Federación arrinca a fin de semana do 5-6 de setembro coa primeira xornada de liga.
Serán, por tanto, seis semanas de pretemporada nas que o Arosa disputará seis encontros e dous triangulares que fan un total de dez partidos de preparación.
Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde
Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.