O Arosa comezou mover ficha de cara á tempada 2026/2027 coa incorporación do gardameta Antón Pérez, primeira fichaxe do equipo para o novo curso en Segunda Federación.
O porteiro redondelán (10 de xaneiro de 2006) chega procedente do Céltiga FC, onde a pasada campaña disputou 18 partidos.

Formado nas categorías inferiores do CD Jibia, deu o salto ao fútbol sénior moi novo, debutando co primeiro equipo con apenas 16 anos.
"É unha oportunidade moi bonita para min, chego con moitas ganas de empezar", asegura o gardameta sobre a súa aterraxe en Vilagarcía, despois de asinar "unha boa tempada" no Céltiga.

A nova fichaxe tamén pon en valor a continuidade do bloque do pasado curso, que "era moi bo e mantelo paréceme unha decisión acertada", sinala.
Sobre a categoría, o redondelán coincide en que será "complicada, con equipos moi bos e con moita canteira. Vai ser moi competitiva", apunta.