A sala do piso superior do Teatro Principal acollerá este sábado a partir das 10:30 horas a primeira das tres xornadas sobre as problemáticas sociais de ciberacoso, bullying e violencia de xénero organizadas polo Club Waterpolo Pontevedra e o Concello.
Esta xornada inaugural abarcará as 'Tecno adiccións (ciberacoso-ciberseguridade)' e estará impartida por Olalla Ríos e Miriam Núñez, membros da Policía Nacional.
As actividades continuarán o sábado 11 á mesma hora co 'Bulling no deporte: xogo limpo dentro e fóra da auga, recoñecemos e detemos o bulling', mentres que a partir das 11:15 horas haberá unha sesión destinada aos adultos baixo o título 'Bulling, as dúas caras do acoso'. As xornadas finalizarán o sábado 25 con 'Violencia de xénero'.
Desde o club pontevedrés aseguran que se trata de "temas actuais aos que hai que dar importancia" e por iso todas as charlas son gratuítas e están dirixidas ao público familiar, tanto nenos e nenas como aos seus pais e nais.