Os clubs deportivos de Poio non poderán usar o pavillón municipal da Seca durante as próximas semanas debido ás obras de renovación da pista de xogo que se van a acometer.
En concreto a instalación, confirma o Concello, quedará pechada o vindeiro luns 12 de decembro para que a empresa adxudicataria dos traballos realice as pertinentes labores previas.
No que respecta a a renovación da pista, cun orzamento de 150.000 euros, pasará a contar cunha nova superficie de xogo homologada.
Mentres duren as obras o principal club do municipio, o Poio Pescamar, mudarase ao pavillón de Príncipe Felipe, en Pontevedra.
Esta actuación "servirá para acabar coas deficiencias detectadas, de xeito que a infraestrutura pase a contar cunha superficie de primeira calidade", defendeu nunha visita ao pavillón da Seca a concelleira de Deportes, Marga Caldas.