A afección do Pontevedra quere converter a visita do Real Racing Club a Pasarón, o vindeiro domingo 22 de xaneiro, nunha xornada festiva nun choque que está sinalado en vermello no calendario.
Por ese motivo a recentemente creada Bancada de Animación Norte 1941, que agultina a gran parte das penas granates, está a organizar un xantar popular.
A festa granate terá lugar desde as 13:00 horas no aparcadoiro traseiro do Pavillón Municipal dos Deportes, onde se instalará unha carpa.
O menú único, composto de ración de churrasco, criollo e cachelos, terá un prezo de 7 euros. Ademais, sinala Norte 1941, habra refrescos e viño e venderase cervexa a prezo de 1 euro a caña. Os tickets para a comida venderanse de maneira anticipada a través das peñas e nas cafeterías Corner, La Fábrica, Breogán e no Furancho Ventín.
Para redondear a festa, contactouse coas peñas do Real Racing para que os seguidores cántabros se unan á celebración coa intención de fomentar o bo ambiente entre ambas as afeccións.