Asensio, Denis Suárez ou Williams, convocatoria de luxo da Sub-21 para o seu partido en Pasarón

Pontevedra
30 de setembro 2016

O seleccionador nacional sub-21, Albert Celades, desvelou este venres a lista de 20 futbolistas que compoñen a convocatoria para os partidos ante San Marino (5 de outubro) e Estonia, o día 10 de outubro no Estadio Municipal de Pasarón. O Celta achega dous xogadores á lista, o porteiro Rubén Blanco e o defensa Jonny

Adestramento da Selección Española Sub-21
Adestramento da Selección Española Sub-21

A afección pontevedresa poderá gozar dalgúns dos maiores talentos do fútbol nacional no partido entre as seleccións de España e Estonia Sub-21, que se xogará o luns 10 de outubro no Estadio Municipal de Pasarón.

O seleccionador nacional, Albert Celades, desvelou este venres a lista de 20 xogadores que compoñen a convocatoria para os partidos ante San Marino (5 de outubro) e Estonia, e nela figuran futbolistas habituais nas aliñacións de grandes equipos europeos.

Marco Asensio (Real Madrid), Denis Suárez (Barcelona), Iñaki Williams (Athletic Club), Bellerín (Arsenal) ou Samu Castillejo (Villareal) son só algún dos nomes dunha lista na que figuran tres futbolistas galegos, o citado Denis Suárez, o gardameta Rubén Blanco e defensa Jonny, ambos os do Celta de Vigo.

A convocatoria completa para o encontro é a seguinte: Marcos Llorente (Alavés), Héctor Bellerín (Arsenal), Iñaki Williams (Athletic Club), Kepa Arrizabalaga (Athletic Club), Denis Suárez (Barcelona), Dani Ceballos (Betis), Alejandro Grimaldo (Benfica), Mikel Merino (Borusia Dortmund), Rubén Blanco (Celta), Jonny Castro (Celta), Jesús Vallejo (Eintracht Francfort), Gerard Deulofeu (Everton), Alejandro Remiro (Levante), Marco Asensio (Real Madrid), Oliver Torres (Porto), Jorge Meré (Sporting de Gijón), José Luis Gayá (Valencia), Munir El Haddadi (Valencia), Samu Castillejo (Villarreal) e Borja Mayoral (Wolfsburgo).

As entradas para o partido, cun prezo entre os 10 e os 20 euros, poden adquirirse nas delegacións da Federación Galega de Fútbol en Pontevedra e Vigo e nas oficinas do Pontevedra Club de Fútbol, ademais de no despacho de billetes de Pasarón o mesmo día do choque.