Nada máis coñecer a noticia da lesión de Javier Gómez Noya, que lle deixa sen opción de loitar polo ouro olímpico en Río de Janeiro, o deporte empezou a mostrar un apoio sen fisuras ao pentacampión do mundo.
A través de diversos medios, principalmente valéndose das redes sociais, multiplicáronse as mostras de apoio ao galego.
Compañeiros e rivais como o talaverano Fernando Alarza e o británico Jonathan Brownlee ou institucións deportivas como o Consello Superior de Deportes ou a Federación Española de Tríatlon non tardaron en mostrar o seu pesar pola noticia.
Tamén outros deportistas olímpicos como Támara Echegoyen e Carolina Marín ou mesmo o presidente do Goberno, Mariano Rajoy.
A nivel local outro personaxe do ámbito político en mostrar o seu pesar foi o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, sinalando nunha comparecencia pública que "é unha mala noticia para el pero tamén para o deporte de Pontevedra" que ademais lle chega "nunha idade complicada para chegar á seguinte olimpíada".