A aventura de Jéssica Bouzas no WTA 1.000 de Wuhan termina en segunda rolda

O Salnés
08 de outubro 2025
Actualizado: 11:34

A tenista arousá perdeu este mércores fronte á estadounidense Iva Jovic, unha das sensacións da tempada e que conta con só 17 anos de idade

Jéssica Bouzas, no Open de Australia
Jéssica Bouzas, no Open de Australia / RFET

Jéssica Bouzas puxo fin este mércores á súa participación no WTA 1.000 de Wuhan, China.

A tenista arousá non puido aproveitar a baixa por lesión de Amanda Anisimova, número 4 mundial e coa que lle tocaba enfrontarse na segunda rolda do torneo chinés.

No seu lugar apareceu como rival 'lucky loser' outra estadounidense, Iva Jovic, número 39 do ranking e que pasa por ser aos seus 17 anos unha das grandes revelacións da tempada.

Non foi o mellor día de Bouzas, que competiu nun partido moi igualado pero que terminou claudicando ao perder o seu servizo no tramo final das dúas mangas disputadas.

O resultado final foi dun dobre 6-4.

A pesar desta derrota os puntos sumados en China permiten a Jéssica Bouzas situarse virtulamente no posto 40 da clasificación mundial.

Iguala desta forma o mellor posto da súa carreira asinado o pasado mes de agosto.

Unha gran forma de mirar cara ao final dunha gran tempada, na que logrou consolidarse na elite da WTA.