Aviso ao Pontevedra dun Tenerife que non baixa os brazos: "Imos facer un gran partido"

Pontevedra
13 de maio 2026

"O día a día é igual que se non ascendésemos", asegurou este mércores desde Tenerife o centrocampista Nacho Gil a poucos días de recibir o Pontevedra na penúltima xornada de liga

Nacho Gil, xogador do CD Tenerife
Nacho Gil, xogador do CD Tenerife / CD Tenerife

O Club Deportivo Tenerife é xa matematicamente equipo da Segunda División.

Contra o Pontevedra Club de Fútbol, de feito, recibirá este domingo 17 de maio (17.00 horas) na penúltima xornada de liga o título que lle acredita como campión do grupo I de Primeira RFEF.

A pesar diso, e tras superar xornadas de intensas celebracións, o club canario avisa das súas intencións os granates, que si chegan á cita con moito en xogo, como é tentar pechar un posto no play-off de ascenso.

"O día a día é igual que se non ascendésemos", asegurou este mércores en rolda de prensa Nacho Gil.

"Cada un temos os nosos pequenos obxectivos, algúns obxectivos de primas, outro que se cadra non tivo tantos minutos e quere demostrar, eu pola miña banda quero irme con boas sensacións", explicou o centrocampista do Tenerife defendendo a competitividade do seu equipo.

"Eses pequenos obxectivos fan que o equipo estea ben, que compita, adestre igual que sempre", defende.

Por todo iso Gil móstrase convencido de que desde o xa campión de grupo "imos facer un gran partido e estou seguro que imos conseguir os tres puntos", afirmou ante os medios de comunicación.

Tras o seu ascenso matemático, certificado xusto antes de medirse na casa ao Barakaldo, o CD Tenerife logrou un triunfo (contra o proio Barakaldo por 2-0) e encaixou unha derrota, no campo de Unionistas (2-1).

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora