Non se puido despedir mellor Bea Gómez Cortés de los Campeonatos de España de natación que se disputaron dende o pasado mércores nas piscinas Picornell de Barcelona. Fíxoo cunha nova medalla de ouro, a segunda que logra neste Nacional, tras gañar a proba de 200 metros estilos. Con este resultado, a nadadora pontevedresa conclúe con tres medallas, dous oros e un bronce.
A última delas, a dos 200 metros estilos que se colgou este domingo, confirma o bo momento de forma na que se encontra Bea Gómez Cortés tras a recente operación cardíaca á que se enfrontou o pasado mes de maio.
Dominou a proba dende o principio e impúxose parando o crono en 2:15.30, superando a África Zamorano (CN Sant Andreu) e Catalina Corró (CN Palma), que a acompañaron no podio.
Ademais da medalla de ouro nos 400 metros estilos e o bronce nos 800 libres, a deportista do Galaico completou a súa participación no Nacional de Barcelona co oitavo posto no relevo 4x200 xunto a Iria García, Nuria Erselle e Paula Goyanes.
Nesta última xornada do Campionato de España tamén houbo protagonismo para outros compoñentes do equipo que o CN Galaico desprazou estes días á capital catalá.
Águeda Beatriz Cons e Inés Gómez finalizaron no posto 18 e 42 na proba de 400 libres, Paula Goyanes e Lara Gómez Cortés remataron no posto 32 e 46 nos 200 estilos e Daniel Sánchez, nos 200 metros estilos, concluíu na posición 82.