Bea Gómez e Águeda Cons encabezan o equipo do Galaico no Campionato de España de Inverno

Pontevedra
15 de decembro 2016

O equipo pontevedrés despraza seis deportistas á primeira gran competición da tempada, que se celebra desde este venres 16 e ata o domingo 18 en Sabadell

Bea Gómez, durante unha competición co Galaico
Bea Gómez, durante unha competición co Galaico

Primeira gran competición nacional da tempada para o Club Natación Galaico, que estará presente durante a fin de semana no Campionato de España de Inverno que se celebra na localidade catalá de Sabadell.

O club pontevedrés despraza seis deportistas á cita, que se celebrará desde este venres 16 ata o domingo 18 en piscina de 25 metros.

Encabezan a expedición do Galaico Beatriz Gómez Cortés e Águeda Cons, cuxa esperanza é pelexar polos primeiros postos nalgunhas das probas que se inscribiron.

En canto a Bea Gómez, a pesar dos problemas físicos que seguen limitando a súa preparación, participará en cinco probas (200 libre, 400 libre, 800 libre, 400 estilos e 400 braza).

Pola súa banda Águeda Cons, que xa brillou no Nacional de Verán cun cuarto posto absoluto nos 400 libre a pesar de ser deportista junior, competirá en catro probas (200, 400, 800 e 1.500 libre).

Completan o equipo do Galaico: Paula Goyanes (200 libre, 400 libre, 800 libre, 1.500 libre e 400 estilos), Lara Gómez Cortés (400 libre, 800 libre, 1.500 libre e 200 bolboreta), Clara Otero (50 libre, 100 libre, 200 libre, 50 costas, 200 costas e 200 estilos) e Daniel Sánchez (50 costas, 100 costas, 200 costas e 1.500 libre).