Bea Gómez, resignada ante a decisión da Federación de non levala aos Xogos: "No deberían ser tan estrictos"

Pontevedra
07 de xullo 2016

A nadadora pontevedresa, que logrou a mínima olímpica nos 200 estilos, non acudirá a Río de Janeiro ao conseguila nunha competición non designada pola Federación Española. "Non deberían ser tan estritos con casos especiais", recoñeceu en declaracións á TVG en alusión aos problemas de saúde que tivo que superar durante o último ano

Bea Gómez durante o Campionato de España Open en Ponte Muíños
Bea Gómez durante o Campionato de España Open en Ponte Muíños / Diego Torrado

Bea Gómez Cortés empeza a facerse á idea de que os de Río de Janeiro non serán os seus segundos Xogos Olímpicos, tras a súa participación en Londres 2012. 

A nadadora pontevedresa encaixa con resignación a decisión da dirección técnica da Federación Española de Natación de non convocala a pesar de contar coa mínima olímpica nos 200 estilos.

"Me podían llevar y es un caso especial", recoñeceu Bea en declaracións á TVG na Residencia Blume de Madrid, onde adestra.

Refírese a deportista do Galaico cando fala de caso especial aos problemas de saúde superados durante o último ano (unha operación de corazón e dores de cabeza derivadas do esforzo físico) que lle impediron render ao máximo nivel na data marcada pola Federación para lograr a clasificación olímpica, o Open de Primavera.

"Sigo los criterios de la Federación Internacional de Natación, la hice en una competición oficial", asegura con respecto á mínima. Ademais, nos 200 estilos España non cubrirá as dúas prazas ás que ten dereito, pois só Mireia Belmonte acreditou a marca necesaria.

"Hay veces que no deberían ser tan estrictos con casos especiales. En esta ocasión me tocó a mí pero le puede tocar a cualquier persona, es algo que deberían cambiar para mejorar pero bueno, respeto su decisión y si creen que es mejor así pues nada", concluíu Gómez Cortés.