A remuda 4x200 dálle ao Galaico a súa segunda medalla nas Palmas

Pontevedra
15 de xullo 2016

O equipo pontevedrés finalizou na segunda praza na remuda 4x200 e levou a medalla de prata, segunda presea no medalleiro do Campionato de España Absoluto e Junior de Verán que se está celebrando en Las Palmas de Gran Canaria

Remuda 4x200 junior do Galaico nas Palmas
Remuda 4x200 junior do Galaico nas Palmas

Segundo día de competición no Campionato de España Absoluto e Junior de Verán e segunda medalla para o Club Natación Galaico.

Tras o ouro junior conseguido por Águeda Cons nos 800 libre, o segundo metal chegou grazas á remuda feminina 4x200 tamén de categoría junior.

O equipo pontevedrés, formado por Águeda Cons, Inés Gómez, Lara Gómez e Nuria Erselle, logrou un tempo de 8:30.54, só superado polo Real Canoe madrileño.

Ademais Águeda Cons (2:03.74) estableceu unha nova mellor marca galega de 16 anos.

A xornada deixou tamén a Daniel Sánchez no oitavo posto nos 100 costas para nadadores de 18 anos (1:00.47), Nuria Erselle foi sétima en 100 costas de 17 anos (1:08.50) e Lara Gómez foi oitava na 200 bolboreta de 17 anos (2:28.35).