Oito nadadores do Galaico afrontan nas Palmas o Campionato de España de Verán

Pontevedra
13 de xullo 2016

Con Bea Gómez Cortés á cabeza, o equipo pontevedrés buscará realizar un bo papel nunha competición que contará cun alto nivel, ao tratarse da última cita oficial antes dos Xogos Olímpicos

Campionato Galego de Natación Absoluto e Junior Open
Campionato Galego de Natación Absoluto e Junior Open

O Club Natación Galaico afronta desde este mércores e ata o domingo 17 de xullo una das grandes citas da tempada, o Campionato de España de Verán nas Palmas de Gran Canaria.

Oito deportistas do club pontevedrés atópanse en Canarias para participar nunha competición que contará cun grande nivel, xa que se trata da última proba oficial antes dos Xogos Olímpicos e servirá de pedra de toque para o equipo nacional.

O Galaico acode con Bea Gómez Cortés á cabeza, e é que a nadadora internacional, recuperada dos seus problemas físicos, aspira a subir ao podio nalgunhas das cinco probas que disputará, como son os 800 libre, 200 libre, 100 braza, 400 estilos e 200 estilos, distancia na que logrou a mínima olímpica pero fóra do prazo marcado pola Federación Española.

Ademais de Bea o equipo pontevedrés estará composto nas Palmas por: Paula Goyanes (400, 800 e 1500 libre, 200 bolboreta e 400 estilos), Águeda Cons (200, 400 e 800 libre e 400 estilos), Nuria Erselle (50, 100 e 200 costas e 100 e 200 libre), Inés Gómez (100, 200 e 400 libre), Lara Gómez Cortés (200 bolboreta, 400 estilos, 400 e 800 libre), Juan David Hernández (200 estilos, 100 e 200 braza) e Daniel Sánchez (200 estilos e 50, 100 e 200 costas).