Belén Paz, Laura Rodríguez, Sabela Valdés e Lara Durán pechan un longo ciclo no Arxil

Pontevedra
11 de agosto 2021

O inicio de estudos universitarios fóra de Pontevedra obriga ás xogadoras para poñer punto e final á súa relación co Arxil despois de pasar por todas as categorías de base

Filial sénior do Club Baloncesto Arxil
Filial sénior do Club Baloncesto Arxil

Catro xogadoras abandonan o Arxil despois dunha longa traxectoria nas diferentes categorías do conxunto verde. Belén Paz, Laura Rodríguez, Sabela Valdés e Lara Durán dan por finalizado o seu ciclo no equipo pontevedrés para continuar coa súa formación universitaria lonxe da Boa Vila, salvo Durán que inicia unha andaina en novo club.

Belén Paz e Laura Rodríguez deixan o club con dous subcampeonatos autonómicos e un grato recordo na entidade polo seu compromiso e traballo en cada sesión de adestramento. 

Sabela Valdés estudará en Vigo pero ao non poder comprometerse a manter o ritmo de adestramentos decidiu aparcar temporalmente a súa carreira nas pistas pero seguirá ligada ao Arxil como delegada e monitora. 

Un caso distinto é o de Lara Durán que, despois de dez anos no club, pon punto e final á súa relación co Arxil, co que logrou un ascenso a Primeira División para iniciar unha nova aventura con outro escudo.