Forster continúa no Arxil por terceira tempada consecutiva

Pontevedra
28 de agosto 2021

Ás renovacións da capitá, María Lago, Carla Fernández, e Cristina Díaz Pache, únese a da norteamericana Heather Marie Forster, unha prioridade para o corpo técnico ao tratarse dunha das xogadoras líderes tanto no vestiario como na cancha, cun xogo moi constante e cunha media de 12,1 puntos, 9 rebotes, 1 asistencias e 1,5 recuperacións

Heather Forster renova por terceira tempada consecutiva co Arxil
Heather Forster renova por terceira tempada consecutiva co Arxil

A xogadora norteamericana Heather Marie Forster, converteuse na primeira xogadora desa nacionalidade en xogar por terceira tempada consecutiva no Club Baloncesto Arxil.

Despois de anunciar as renovacións da capitá, María Lago, Carla Fernández, e Cristina Díaz Pache, o club verde ha anunciado este sábado a de Forster, unha prioridade para o corpo técnico ao tratarse dunha das xogadoras líderes tanto no vestiario como na cancha, cun xogo moi constante e cunha media de 12,1 puntos, 9 rebotes, 1 asistencias e 1,5 recuperacións.

A pivote de 1,88 m e 24 anos declarou estar "moi emocionada" con continuar un anos máis no equipo, "Pontevedra e Arxil son a miña segunda casa".

En canto á nova tempada, Heather Forster desexa "que este ano sexa mellor que os dous anteriores, en baloncesto, covid-19, e a vida xeral. Esta tempada é moi diferente coa adición da liga 2 Pro, hai moitas oportunidades para subir e espero que o Arxil estea na cima da liga".

Finalmente, a norteamericana espera que a afección "estea lista para animar" e apoie ao equipo nesta nova aventura.