O Arxil renova á súa capitá, María Lago

Pontevedra
23 de agosto 2021

A xogadora cumprirá este ano once tempadas defendendo as cores do Arxil e catro como principal capitá do equipo

María Lago, no partido entre Arxil e Celta no CGTD
María Lago, no partido entre Arxil e Celta no CGTD / Diego Torrado

O Arxil volve confiar na súa capitá María Lago para dirixir ao equipo desde a cancha un ano máis, e van once. Despois de chegar a un acordo coa directiva, a xogadora de Porriño renova por un ano máis coa entidade verde.

Tras a última tempada converteuse nunha das xogadoras máis decisivas baixo as ordes de Maite Méndez. Asinou 190 puntos, 82 rebotes, 51 asistencias e 57 roubos de balón na última tempada pasada, que lle valeron para alcanzar unha valoración 220 en 19 partidos. Só unha rotura fibrilar apartoulle do tramo final da liga, unha baixa que resultou decisiva no comportamento do equipo.

De media por partido anota 10 puntos; 4,3 rebotes, 2,7 asistencias e 3 roubos cunha valoración de 11,6.

"Hai 11 anos que cheguei a Pontevedra para estudar e desde o primeiro día fixeron todo o posible para que me sentise como na casa", comenta Lago, que leva catro anos como capitá do equipo. "A tempada pasada foi moi dura para o Arxil e non chegamos a cumprir o obxectivo desexado", recoñece convencida de que este ano a situación mellorará.