Bo ambiente, sol e deporte para gozar da XI Carreira Pedestre San Brais

Pontevedra
29 de xaneiro 2023

Esta undécima edición é a encargada de inaugurar as Festas de San Brais 2023, que este ano se desenvolverán entre os días 29 de xaneiro e 5 de febreiro  

XI edición de la Carreira Pedestre San Brais Cristina Saiz

Con motivo das festas de San Brais, Salcedo viviu este domingo una das súas citas máis importantes do calendario: a súa xa habitual Carreira Pedrestre.

Esta undécima edición é a encargada de inaugurar o calendario de probas deportivas de Pontevedra e tamén das Festas de San Brais 2023, que este ano se desenvolverán entre os días 29 de xaneiro e 5 de febreiro.

A carreira arrincou ás 11:15 horas coas categorías base, onde os máis pequenos puideron gozar dunha xornada deportiva, pero sobre todo lúdica, acompañada dun sol estupendo que animaba a calquera a participar.

O broche de ouro a esta XI Carreira Pedestre San Brais púxoo a carreira absoluta, onde os deportistas tiveron que percorrer unha distancia de 6.615 metros con saída e chegada no centro comercial Carrefour de Salcedo,

O primeiro en atravesar a liña de meta foi Amadeo Abal, cun tempo de 21:31. Seguíronlle Jorge Cortés e Alan Sardinero, que completaron o podio masculino cun crono de 22:22 e 22:39, respectivamente.

Pola súa banda, Marga Villaverde foi a gañadora feminina parando o tempo en 28:34, María Aurora González foi segunda (28:36) e Tania Domínguez chegou terceira (30:57).

 As carreiras estiveron acompañadas de numerosas actividades, sorteos de lacones entre os 349 participantes (199 menores de idade) e unha chocolatada.