Bo papel do piragüismo pontevedrés no Guadalquivir

Pontevedra
21 de marzo 2017

Sevilla foi escenario durante o fin de semana do Campionato de España de Inverno, no que clubs como o Breogándo Grove, cuarto na xeral, ou a EP Ciudad de Pontevedra foron protagonistas

Campionato de España de Inverno de piragüismo en Sevilla EP Ciudad de Pontevedra

O río Guadalquivir, en pleno centro de Sevilla, foi escenario durante a fin de semana dun Campionato de España de Inverno de piragüismo no que os clubs da comarca demostraron o seu potencial.

O mellor clasificado foi o Breogán do Grove, cuarto con 1.089 puntos polos 1.725 do Kayak Tudense, que levou título. Ademais a EP Ciudad de Pontevedra concluíu no posto 13 despois de sumar catro medallas a nivel individual.

Jaime Duro levou o bronce na categoría C-1 Sub-17, Antía Jácome subiu ao podio para recoller a medalla de prata do C-1 junior e Jenifer Casal fixo o propio en dúas ocasións, unha polo seu terceiro na categoría C-1 senior e outra pola segunda posición no C-1 Sub-23.

Na competición senior Diego Romero (Breogán) dominou o C-1 de principio a fin, mentres na mesma proba en idade xuvenil impúxose Noel Domínguez (Breogán). Tamén en canoa María Pérez (Club Náutico Ribadumia) proclamouse campioa de España junior.

Outra que piso podio no Nacional de Inverno foi Antía Santiago (Club Piragüismo Illa de Arousa) ao ser terceira no K-1, ao igual que Iago Monteagudo (Club Naval Pontevedra), campión na categoría Sub-20.

Consulta os resultados completos do XLVIII Campionato de España de España de Inverno Senior, Junior e Sub-23.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora