Boa actuación de Sergio Troitiño e Silvia Otero no Europeo sub 21 de Bucarest

Marín
10 de decembro 2023

Destacada actuación dos representantes do Mat's de Marín no Europeo sub 21 de Bucarest. Sergio Troitiño (-87) perdeu nos cuartos de final e quedou a un paso das medallas, mentres que Silvia Otero (-49) cau en dous asaltos no primeiro combate

Representantes galegos no Europeo sub21 de Bucarest Federación Galega de Taekwondo

Destacada actuación dos representantes do Mat's de Marín no Europeo sub 21 de Bucarest.

Sergio Troitiño (-87) perdeu nos cuartos de final e quedou a un paso das medallas, mentres que Silvia Otero (-49) cau en dous asaltos no primeiro combate.

Nos oitavos de final, Troitiño superou con comodidade ao chipriota Christou Nikolaos, en dous asaltos e por diferenzas de 12.

Sen embargo, nos cuartos enfrentouse ao ucraíno Artem Harbar, ofrecendo un combate moi disputado. O primeiro asalto estivo igualado ata os últimos segundos, nos que Nikolaos logrou escaparse e no segundo round, a falta de dez segundos, ía por diante Sergio (5-4). Harbar logrou remontar cunha acción arriba e non houbo tempo para recuperarse. O ucraíno foi subcampión de Europa sub 21.

Neste mesmo peso tamén competiu Silvia Otero, pero non tivo sorte. Caeu no primeiro combate ante Elif Sude Akgul (Turquía) en dous asaltos.