Bordils, último desprazamento do ano para o Teucro

Pontevedra
04 de decembro 2019

Os azuis viaxan a Cataluña para enfrontarse este xoves (21:00 horas) en partido adiantado ao Handbol Bordils coa intención de confirmar a melloría mostrada na última xornada. Ferrán Cisneros, única baixa para o choque

Christopher Corneil, nun adestramento do Teucro 2019-2020 Mónica Patxot

Semana atípica na Sociedad Deportiva Teucro, que esta xornada adiantou o seu partido de liga na División de Honra Prata e este mesmo mércores puxo rumbo a Cataluña.

Os azuis visitan este xoves (21:00 horas) a cancha do Handbol Bordils no que será o seu último desprazamento do ano. Fano co impulso de moral que supuxo a súa vitoria ante o Alcobendas que poñía fina a unha serie negativa de resultados.

"Vamos a intentar llevarnos los puntos para la semana que viene afrontar el derbi con el Novás sin tantas apreturas", recoñeceu Luís Montes antes da saída da expedición teucrista.

O técnico non quere que a situación do seu rival na táboa, décimo cuarto con 6 puntos, rebaixe a tensión nos seus xogadores, xa que o Bordils "cuando juega en casa a nivel defensivo se crece una barbaridad", analiza engadindo que "es un equipo que su fortaleza está en el grupo".

Ferrán Cisneros, á espera de diagnóstico da súa lesión no ombreiro, será a única baixa do Teucro para esta cita, completando a convocatoria o canteirán Cristian Remeseiro.

O obxectivo dos pontevedreses no tramo final do ano, antes do parón de Nadal, é tentar sumar os 4 puntos que quedan en xogo para confirmarse na zona de  play-off deixando atrás as dúbidas xeradas en certos momentos da tempada.