Dúas novas baixas e unha alta.
Con ese balance afronta o Pontevedra Club de Fútbol o último partido do ano visitando este domingo 21 de decembro (16.00 horas) o Barakaldo no Estadio de Lasesarre.
Da lista de convocados cae por lesión Brais Abelenda, tras os problemas físicos que lle obrigaron a pedir o cambio no duelo contra as Areas.
"Saíu dunha e meteuse noutra. Está totalmente recuperado da lesión do isquio pero no talón, na fascia, tivo un problema e está totalmente descartado", confirmou este venres o adestrador granate, Rubén Domínguez.
A esta ausencia súmase a xa esperada de Vidorreta por sanción, ao cumprir ciclo de amoestacións
"Estaba a xogar moi ben nunha posición que non era a súa, pero ao final falamos sempre do plantel, agora Víctor Eimil volve saír ao campo e ten que demostrar o valor que ten e o nivel que ten. Confianza plena, senón, non xogaría", explicou o preparador.
A boa noticia é o regreso á convocatoria de Bejanmín Garay, superada a lesión que lle tivo no dique seco as últimas semanas, desde o partido en Lugo.
"Garay vai ir convocado e pode chegar a ter minutos, xa está dispoñible para poder participar aínda que hai que ir con coidado con el", explicou Rubén.