Bronce para Tamara Seijas no Campionato de España CRI Elite

Pontevedra
26 de xuño 2026

A ciclista do Team Farto-Kiroot logrou subirse ao terceiro chanzo do podio do Campionato de España contrarreloxo feminino de categoría Elite en Sabiñánigo

Tamara Seijas no podio do Campeonato de España contrarreloj Team Farto-Kiroot

A recente fichaxe da lalilense Tamara Seijas polo Team Farto trae consigo os seus primeiros éxitos para a ciclista e, en consecuencia, para o club pontevedrés.

Seijas completou unha gran participación no Campionato de España contrarreloxo feminino celebrado en Sabiñánigo que a levou a lograr o terceiro posto na categoría Elite.

A proba, que atravesou un percorrido de 18,6 quilómetros, estivo marcada por un intenso vento e unha parte técnica final.

Nada puido coa ciclista do club lerezano, pois asinou unha gran actuación que a levou a marcar o mellor tempo ao seu paso polo punto intermedio e que, finalmente, valeulle para subir ao terceiro chanzo do podio.

E é que en meta só foi excedida polas ciclistas profesionais como Mireia Benito, Paula Blasi, Sara Martín ou Paula Ostiz entre outras, logrando un oitavo posto na clasificación xeral.

"Estou moi emocionada de poder subir por primeira vez a un podium nunha carreira deste nivel. Quedo coa alegría do resultado e coas ganas de volver a por máis e achegar os meus tempos ás World Tour", afirmou a propia Tamara Seijas tras a carreira.

O director deportivo do Team Farto, Brais Dacal, tamén destacou a gran actuación da lalilense: "Moi boa actuación de Tamara na que foi a súa primeira contrarreloxo de nivel en toda a súa curta traxectoria. Tamara seguiu paso por paso o plan establecido e logrou entrar nese podium tan cobizado".

Este sábado celebrarase a proba en ruta na que, ademais de Seijas, tamén participarán as ciclistas do equipo pontevedrés Ingrid Ruiz, Mireia Trias, Claudia Sánchez, Andrea Prado, Laura Mira e Alice Bottino