"Estas rapazas xa son historia do noso clube". Con estas palabras o Bueu Atlético Balonmán quixo felicitar o seu equipo infantil feminino por unha tempada inesquecible.
Tras lograr un posto de maneira brillante para a Fase Final do Campionato de España Infantil, o Bueu acolleu na casa a competición entre o oito mellores do país, todo un premio para o seu equipo.
Non foi unha fase final soñada en canto a resultados, pero iso non resta nada de mérito ao logrado.
O Bueu Atlético só puido vencer no último encontro do torneo, o que decidicía entre a sétima e a oitava posición, gañando 28-26 o Handbol Sant Vicenç, confirmándose como o sétimo mellor equipo do país.
Antes, na primeira fase as buenenses non puideran sumar fronte a Handbol Gavá (32-40), BM Elche (24-31) e Eskubaoia Basauri (21-31).
Na loita prol os postos de honra, a medalla de ouro nacional foi finalmente para o IFEM CBM andaluz a gañar na final disputada no Pablo Herbello a AEH Les Franqueses por un igualado marcador de 24-26.
O bronce foi polo seu oparte para o Atticgo Elche.
O segundo equipo galego en competición, o SAR Rodavigo, finalizou na sexta posición.