Cáceres, territorio prohibido para o Arxil no peche da primeira volta

Pontevedra
24 de xaneiro 2014

As verdes enfróntanse este sábado ao Al-Qázeres coa intención de gañar por primeira vez na pista estremeña. O conxunto local só perdeu un partido na presente tempada

Mayte Méndez dando instruccións ás súas xogadoras durante o partido contra o Cortegada Diego Torrado

Empeza a etapa raíña para o Club Baloncesto Arxil, coincidindo coas últimas xornada da primeira volta na Liga Feminina Dous e o inicio da segunda.

Nesta fase da competición as verdes xogarán de xeito consecutivo cos tres equipos que comandan a clasificación: Al-Qázeres, Universitario de Ferrol e Ensino).

Primeiro as pontevedresas visitan este sábado a cancha do Al-Qázeres (18:00 horas), un lugar no que nunca gañaron, e no que loitarán por impoñerse a un conxunto, o cacereño, que só perdeu un partido na presente liga (ante o Universitario de Ferrol tras dúas prórrogas).

Sen  embargo o Arxil non descarta a sorpresa grazas ao seu gran momento de forma e ao seu rendemento como visitante, onde gañou tres dos cinco partidos que venceu ata o momento e que o situaron na quinta praza.

Por se a dificultade fose pouca, as de Mayte Méndez deberán sobrepoñerse á malleira física que supoñerá a viaxe a Extremadura, un desprazamento que está previsto realizar en autocar o mesmo día do partido.