Cambios na videoarbitraxe de Primeira RFEF: O árbitro principal xa non revisará todos os goles

Pontevedra
30 de outubro 2025

Coa madificación do protocolo do Football Vídeo Support (FVS), que se aplicará xa desde a próxima xornada de liga, a Federación busca axilizar as revisións e reducir os paróns no xogo

Revisión dunha xogada no sistema FVS durante o partido entre Pontevedra e Cacereño

O Football Vídeo Support (FVS), sistema de videoarbitraxe implantado esta tempada na Primeira RFEF na que milita o Pontevedra Club de Fútbol, adáptase.

A Real Federación Española de Fútbol aprobou unha modificación no seu protocolo, buscanso axilizar a revisión das xogadas e reducir así os paróns que se producían especilamente tras a consecución dun gol.

E é que é aí, na revisión dos tantos, onde se centran as modificacións.

Segundo adiantou o xornalista Isaac Fouto na Cadena Cope, a partir da próxima xornada de liga o árbitro principal xa non terá que revisar as xogadas dos goles.

No seu lugar será o cuarto árbitro o que se encargue da revisión.

Será así salvo dúbida ou posible cambio na decisión. Entón si será o primeiro colexiado o que intervirá achegándose ao monitor para tomar a decisión final.