Apenas uns días despois da eliminación do equipo nas semifinais polo título de liga, o Poio Pescamar deu a coñecer a primeira baixa de cara á nova tempada.
Trátase da pivote ourensá Candela Soria, que pon fin á súa etapa como xogadora vermella dous anos despois da súa incorporación á disciplina do club.
Candea, que foi internacional coa selección española en 2022, conta ademais cun amplo palmarés no ámbito internacional.
Entre os seus logros figura un campionato do mundo coa selección española de persoas xordas en 2025 e un ouro nas Sordolimpiadas de 2024.
Na súa primeira tempada como xogadora conserveira, asinou 35 convocatorias e disputou todos os encontros, con 11 titularidades, 11 goles e 7 asistencias.
No curso 2025/2026, pola súa banda, volveu contar con protagonismo nas convocatorias, con 36 presenzas e 33 partidos disputados. Nesta campaña anotou tres goles e non rexistrou asistencias.