Cara e cruz no comezo das fases de ascenso para os equipos do Teucro

Pontevedra
14 de maio 2016

O filial masculino, o Teucro Asegrupo, impúxose con autoridade no seu primeiro partido ao Tierra de Barros estremeño (36-27), mentres o equipo feminino, o Teucro Pescamar, encaixou unha derrota (25-30) fronte ao Siero

Partido do Teucro Pescamar ante o SS de los Reyes Mónica Patxot

O Pavillón Municipal dos Deportes xa vive a emoción da loita polos ascensos á Primeira Nacional de balonmán e á División de Honra Prata Feminina.

A competición arrincou con grandes noticias para o filial teucrista, o Teucro Asegrup, que debutou cunha vitoria autoritaria ante o Tierra de Barros estremeño (36-27).

No outro partido do sector masculino San Sebastián de los Reyes venceu a Villa de Luanco por 20-27.

Peor lle foron as cousas ao equipo feminino do club pontevedrés, o Teucro Pescamar, que cedeu na xornada inaugural ante o Siero asturiano (25-30). No outro encontro o San Sebastián de los Reyes gañou ao Tierra de Barros (30-20).

Os sectores de ascenso continúan durante toda a fin de semana cun intenso programa de competición repartido entre o Pavillón Municipal dos Deportes e o Pavillón Unversitario.