Cara e cruz para o Waterpolo Galaico nas supercopas galegas

Pontevedra
06 de outubro 2014

O equipo masculino logrou o título tras gañar ao Club Natación Coruña, mentres en categoría feminina se investiron os papeis cos mesmos clubs implicados

Equipos masculino e feminino do Waterpolo Galaico trala disputa das supercopas CW Galaico Pontevedra

O equipo masculino do Waterpolo Galaico Pontevedra alzouse co primeiro título da tempada ao vencer do Club Natación Coruña na Supercopa Galega.

Os pontevedreses impuxéronse por 8 goles a 10 na picina de INEF, na cidade herculina, tras remontar nos dous últimos cuartos.

Os locais levaron a iniciativa ao inicio, chegando con dous goles de vantaxe ao intermedio (7-5), pero os de Javi de Sáa repuxéronse para empatar no terceiro período e completar a remontada no útlimo cuarto para asegurarse o triunfo.

A continuación, no mesmo escenario, foi a quenda para os equipos femininos de ambos os dous clubs, inverténdose os papeis.

As lerezanas caeron por 7-4 despois de protagonizar un bo inicio. Sen embargo, tras marcar tres goles no primeiro cuarto experimentou un baixón a nivel ofensivo e só logrou anotar outro tanto xa no tramo final do partido.