Debut ligueiro con derrota (8-12) para o Waterpolo Galaico ante o Coruña

Pontevedra
14 de outubro 2014

O Club Waterpolo Galaico iniciou con derrota unha nova tempada na Primeira División Galega, campionato que aspira a recuperar despois de perder a pasada campaña na final

Segundo partido da final galega entre Galaico e Coruña
Segundo partido da final galega entre Galaico e Coruña / Diego Torrado

O Club Waterpolo Galaico iniciou con derrota unha nova tempada na Primeira División Galega, campionato que aspira a recuperar despois de perder a pasada campaña na final.

Precisamente o seu rival polo título, o CN Coruña, foi o verdugo pontevedrés na primeira xornada (8-12) nun partido celebrado no Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra.

Os de Javi de Sáa cometeron moitos erros en defensa e en ataque e non mostraron o seu mellor nivel, o que aproveitou os visitantes para mandar dende o primeiro cuarto.

Malia iso o Galaico intentou reaccionar tras o descanso, pero non foi quen de remontar.

CW GALAICO (8): Raúl, Rober, Aarón, Kike, Miguel, Ángel (2), Andrés (3), Juanjo R., Guille (1), Bran (2), Juan, Manu.

CN CORUÿA (12): González, Escuredo,Escuredo, Quelle, García, Alba (1), Orozco (1), García (1), Sánchez, Martins (3), Iglesias (3), Blanco (3), Carrodeaguas.

Parciais: 2-4, 3-4, 2-1, 1-3.