Carla Goyanes, convocada para participar na proba das Series Mundiais de Augas Abertas de Abu Dhabi

Pontevedra
01 de novembro 2018

A nadadora do Galaico foi incluída na lista da Selección Española Absoluta que participará o día 9 de novembro na oitava cita do ano das Marathon Swim World Series

Carla Goyanes, nunha competición co Galaico
Carla Goyanes, nunha competición co Galaico / CN Galaico

Emocionante reto o que ten por diante a pontevedresa Carla Goyanes, que o próximo 9 de novembro tomará parte na oitava parada das Series Mundiais de Natación en Augas Abertas.

A deportista do Club Natación Galaico foi incluída na lista da Selección Española Absoluta que participará na competición que terá lugar na capital dos  Emiratos Árabes, Abu Dhabi.

Goyanes formará parte dun equipo que estará composto por sete nadadores, con tres mulleres e catro homes, no que tamén se atopan dúas deportistas do CN Liceo coruñés, Ane de la Fuente e María de Valdés.

A proba das Marathon Swim World Series celebraranse baixo unha distancia de 10 quilómetros, nun circuíto situado no Abu Dhabi Sailing and Yacht Club.

A súa presenza co equipo nacional absoluto é un paso máis para Carla Goyanes, que a pasada tempada proclamouse subcampioa de España e de Europa da especialidade en categoría júnior.