Carla Goyanes pon rumbo a Xapón

Pontevedra
26 de novembro 2018

A nadadora pontevedresa do Galaico foi convocada polo equipo nacional absoluto para unha concentración de adestramento que se desenvolverá desde este mércores 28 de novembro na localidade nipoa de  Yamaguchi 

Carla Goyanes, deportista do Club Natación Galaico
Carla Goyanes, deportista do Club Natación Galaico / Club Natación Galaico

A localidade xaponesa de Yamaguchi é a próxima parada na tempada deportiva de Carla Goyanes.

A deportista pontevedresa do Club Natación Galaico foi convocada de novo polo equipo nacional de augas abertas para participar nunha concentración de preparación internacional no país nipón, sede dos próximos Xogos Olímpicos.

Trátase da súa segunda presenza na Selección Española Absoluta tras o seu recente participación na proba das Series Mundiais en Abu Dhabi.

Goyanes tentará seguir progresando nunhas xornadas de adestramento que se celebrará no Yamaguchi Kiara Expo Memorial Park do 28 de novembro ao 14 de decembro.

Xunto á pontevedresa participará na concentración outra galega, María de Valdés (CN Liceo), ademais de Paula Ruíz (CN Mairena), Jimena Pérez (CD Gredos San Diego), Alberto Martínez (CD Marina), Guillén Pujol (CN Mataró), Raúl Santiago (CN Metropole) e Pol Gil (UCAM).