Un posto 39 foi o balance do debut da pontevedresa Carla Goyanes nunha proba da Copa do Mundo de Natación en Augas Abertas. Con todo pouco importa a posición, e si moito a experiencia adquirida pola pontevedresa ante a elite mundial de especialidade no que supoñía tamén a súa estrea na proba dos 10 quilómetros.
Aínda en idade júnior, Goyanes participou co equipo nacional absoluto na proba das FINA Marathon Swim World Series celebrada en Abu Dhabi.
O seu tempo foi de 2 horas, 13 minutos e 55 segundos, o que supón "unha experiencia vital para o seu futuro fronte ás grandes especialistas do planeta", sinalou a Real Federación Española de Natación.
A mellor española en Abu Dhabi foi María de Valdés, cun undécimo posto (2h.00.37) e a pouco máis de 15 segundos da vencedora, mentres que a tamén júnior Ane de la Fuente finalizou no posto 31.